Regresar a todos los eventos
Ás 19:00, con entrada de balde, Carlos Barros Guerton @carlosbguerton presentará “SEICA SON UNHA PENDANGA?”, a súa nova novela gráfica publicada por Demo Editorial @demo_editorial. Estará acompañado por Manel Cráneo, editor e historietista.
Un relato no estilo máis underground, ambientado en 1993, antes da irrupción dos móbiles e de internet. A través das sesións de terapia de Lena, a protagonista, descubriremos unha sociedade chea de inquedanzas e contradicións que, dalgún xeito, segue a ser a nosa.
Garitos míticos da noite coruñesa dos 90, coma o Crápula, serven de inspiración para algunhas escenas.
Agardámoste!